Estás en: Acceso.ya.com / Condiciones generales

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN DO SERVICIO DE ACCESO YA.COM ADSL


France Telecom España, S.A. (antes France Telecom España Internet Service Provider, S.A.U., en adiante YA.COM), con domicilio social en Paseo del Club deportivo, 1 Edificio 8 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid) y CIF A-82009812, pon a disposición do CLIENTE un servicio de acceso a Internet a alta velocidade denominado Servicio de Acceso YA.COM ADSL, nos termos que se establecen nestas Condicións Xerais.


Calquera das seguintes accións polo CLIENTE implicará a súa aceptación expresa das presentes Condicións Xerais: a activación do botón “Aceptar” no proceso de contratación electrónica e/ou o pago de calquera dos cargos polo Servicio de Acceso YA.COM ADSL.


O CLIENTE poderá contratar calquera das modalidades do Servicio de Acceso YA.COM ADSL única e exclusivamente no marco dos distintos paquetes ou ofertas comerciais (en adiante, as “Ofertas Comerciais”) que YA.COM poñerá a disposición do mesmo en cada momento a través da URL http://acceso.YA.COM (en adiante, la “Páxina de Acceso”).

 

Entenderase por CLIENTE toda persoa física ou xurídica que emprega ou solicita o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, que non explota redes públicas de comunicacións nin presta servicios de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público nin tampouco os revende e que desexe e teña capacidade xurídica suficiente para contratar os servicios de YA.COM.

 

YA.COM non será responsable da falsidade na información aportada polo CLIENTE á hora de realizar a contratación.

 

Primeira.- Obxecto

 

As presentes Condicións Xerais teñen por obxecto establecer o marco no que YA.COM prestará ó CLIENTE, e este empregará, o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. O Servicio de Acceso YA.COM ADSL prestarase exclusivamente en territorio español e para a súa prestación será condición indispensable o cumprimento por parte do CLIENTE dos Requisitos Previos que se recollen na Condición Segunda.

 

O Servicio de Acceso YA.COM ADSL préstase ó CLIENTE, segundo a modalidade escollida polo mesmo, en calidade de CLIENTE final, para o seu uso exclusivo no domicilio de instalación indicado no proceso de contratación, non podendo este actuar de revendedor nin distribuidor de ningún tipo fronte a terceiros nin empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL fóra do domicilio de instalación.

 

O Servicio de Acceso YA.COM ADSL consistirá nunha liña ADSL (Liña de Aboado Dixital Asimétrica), que proporcionará ó CLIENTE acceso a Internet a alta velocidade (na modalidade de velocidade provista por YA.COM na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE). A tecnoloxía ADSL permite ó CLIENTE separar as entradas de voz e datos pola súa liña telefónica, de modo que se fai compatible a concorrencia da navegación en Internet co mantemento de conversacións telefónicas.

 

Segunda.- Requisitos Previos

 

O cumprimento dos requisitos que a continuación se detallan consideraranse imprescindibles e necesarios para a prestación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL:

  1. 2.1 Requisitos do equipo informático do CLIENTE. Este deberá reunir as seguintes características mínimas:


      • Sistema operativo Windows 98, XP, Millenium, 2000, NT, Mac, Linux ou calquera outro que YA.COM comunique no futuro.
      • Pentium 233 Mhz ou superior.
      • 32 MB de memoria RAM ou superior.
      • Equipamento informático de conexión a Internet consistente nun Hardware de Conexión compatible coa liña ADSL contratada (MODEM, ROUTER ou similar) e/ou un/s Accesorio/s de Conexión compatible/s co Hardware de Conexión utilizado polo CLIENTE (Tarxeta de Rede, Porto USB ou similar).


        YA.COM, no marco das Ofertas Comerciais a través das que ofrece o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, poderá poñer a disposición do CLIENTE para a súa adquisición o Hardware de Conexión e/ou o Accesorio de Conexión. A definición do Hardware de Conexión e/ou Accesorio de Conexión e as características específicas dos mesmos serán indicadas por YA.COM en cada intre a través da Páxina de Acceso no marco de cada Oferta Comercial.

  1. 2.2 Requisitos da liña de acceso telefónico do CLIENTE: Este deberá reunir as condicións mínimas que se indican a continuación:


      • Ter contratada no domicilio de instalación unha liña telefónica fixa analóxica RTB.
      • Posuír unha conexión cunha central telefónica con servicio ADSL e a calidade de liña suficiente para a prestación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
      • Non existencia de incompatibilidades: Servicio Novacom (RDSI), Servicio Teletax, Fío Musical, Servicio TRAC (Telefonía Rural de Acceso Celular), Liñas de Back ou circuítos alugados (Frame Relay, IP Básico), Servicio de Rede Delta, extensións de centraliña, Ibercom así como calquera outro servicio que existira no futuro de calquera operador telefónico que fora incompatible co Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
  1. 2.3 Requisitos de instalación:


      • 2.3.1 Autorización da alta como usuario de liña ADSL (en adiante, “Alta”).


      • 2.3.2 Instalación do(s) elemento(s) de filtrado de datos no punto de conexión, que permita o uso compartido e concorrente da liña telefónica para a transmisión de voz e datos (en adiante, “Elemento de Filtrado”). A instalación do Elemento de Filtrado, en función do sistema empregado será realizada en cada caso polo CLIENTE ou por YA.COM conforme ó indicado na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.

No caso de ser necesaria a verificación da liña no domicilio do CLIENTE, trala autorización da alta como usuario do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, dito servicio será realizado polos membros do Equipo Técnico de YA.COM no domicilio do CLIENTE previo acordo entre eles de data e hora. En tal caso, mediante a activación polo CLIENTE do botón “Aceptar” a estas Condicións Xerais no proceso de contratación electrónica, o CLIENTE autoriza a entrada no seu domicilio e a manipulación da conexión telefónica polo persoal do Equipo Técnico de YA.COM.

 

No caso de que por ausencia do CLIENTE no domicilio de instalación ou por denegación da entrada ó mesmo dos membros do Equipo Técnico de YA.COM, non se puidera efectivamente verificar a liña no domicilio do CLIENTE, YA.COM poderá esixir ó CLIENTE os gastos en que incorrera por Non Activación do Servicio que resulten aplicables en virtude da Condición Sétima das presentes Condicións Xerais.

  1. 2.4. Outros Requisitos. O CLIENTE, durante un período mínimo de DOCE (12) meses non poderá subscribir con YA.COM dúas Ofertas Comerciais que inclúan a provisión de Hardware de Conexión.

Terceira.- Características do Servicio de Acceso YA.COM ADSL

 

As distintas Ofertas Comerciais do Servicio de Acceso YA.COM ADSL ofrecidas por YA.COM en cada intre a través da Páxina de Acceso compoñeranse dos seguintes elementos:

  1. 3.1. Horario: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL será ofrecido por YA.COM no marco das distintas Ofertas Comerciais de conformidade con algunha das seguintes modalidades de horario:


    1. Modalidade TP 24 Horas: acceso durante as VINTECATRO (24) horas do día.


    2. Modalidade Horario Reducido: acceso durante o horario comprendido entre as 18.00 e as 8.00 horas de luns a venres (horario peninsular), e as 24 horas do día os fins de semana (sábados e domingos) e os festivos de ámbito nacional. Nesta modalidade, a conexión operada fóra do horario indicado será facturada ó CLIENTE por cada minuto de conexión dacordo coa Oferta Comercial vixente.


    3. Modalidade por volume ou consumo: acceso durante as VINTECATRO (24) horas do día. Nesta modalidade, facturase ó CLIENTE en función do volume descargado polo CLIENTE ou consumos realizados conforme as tarifas vixentes en cada momento e que figuran na Oferta Comercial correspondente.


  2. 3.2. Respecto ós prezos de cada unha das modalidades de Ofertas Comerciais, os mesmos estarán dispoñibles na Páxina de Acceso, atopándose sempre actualizados.


    3.3. Elemento de Filtrado: O CLIENTE poderá obter o Servicio de Acceso YA.COM ADSL cos seguintes Elementos de Filtrado para a súa instalación no punto de conexión:


  3. Modalidade de Elemento de Filtrado

    Filtrado distribuído (Microfiltros)

    Filtrado centralizado (Splitter)

  4.  

    A instalación do Filtrado distribuído (Microfiltros) será sempre e en todo caso realizada polo CLIENTE mediante un sistema guiado de auto instalación.


    A instalación do Filtrado centralizado (Splitter) será realizada por YA.COM, nos termos indicados na Condición 2.3. anterior.


    3.4. Modalidade de Conexión I.P. (Internet Protocol): dirección I.P. fixa ou dinámica.


    3.5. Soporte Técnico: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL inclúe a prestación dun Servicio de Soporte Técnico en horario de 8:00 a 24:00 horas.


    3.6. Prazo de conexión inicial: O prazo de conexión inicial do servicio será dun máximo de 30 (trinta) días.


    A elección da Velocidade, Horario, Elemento de Filtrado e Modalidade de Conexión I.P. será realizada polo CLIENTE durante o proceso de contratación electrónica exclusivamente no marco das Ofertas Comerciais definidas por YA.COM e dispoñibles na Páxina de Acceso, estando o CLIENTE obrigado a completar o formulario de alta no Servicio para a válida subscrición do mesmo.


    3.7. Tipo de mantemento ofrecido: YA.COM ofrece ó CLIENTE un mantemento integral do Servicio de Acceso YA.COM ADSL que inclúe a liña de datos, o equipamento necesario para a conectividade e a rede de acceso.


    Do mesmo modo, inclúese o soporte na configuración de tódolos compoñentes necesarios para a conectividade: configuración básica e avanzada do CPE (router), configuración dos servicios TCP/IP do sistema operativo do CLIENTE, instalación do software/hardware dos compoñentes do equipo de conexión se fose necesario e son subministrados por YA.COM así como o soporte dos servicios de valor engadido (contas de correo, hosting, etc.) que se entreguen, no seu caso, co Servicio.


    No caso de avaría nalgún destes servicios, YA.COM xestiona integralmente a avaría unha vez que o CLIENTE o notifica oportunamente ó Centro de Atención ó CLIENTE, comunicando YA.COM a resolución da mesma unha vez que se teña producido.

Cuarta.- Servicios Adicionais

 

Adicionalmente, as distintas Ofertas Comerciais ofrecidas por YA.COM ó CLIENTE para a prestación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL poderán incluír a prestación dunha serie de Servicios Adicionais. A subscrición das condicións que regulan ditos Servicios Adicionais realizarase, ben coa subscrición do presente Contrato, ou ben a través da Páxina de Acceso.

 

Os Servicios Adicionais incluídos no Servicio de Acceso YA.COM ADSL e cuxa contratación e aceptación será automática no momento da subscrición do presente contrato, poderán ser os seguintes:

  1. 4.1. Servicio de Contas de Correo Electrónico: No marco da contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, YA.COM poñerá a disposición do CLIENTE sen custo adicional un servicio de Contas de Correo Electrónico.

     

    4.2. Servicio de IP fixa: YA.COM pon a disposición do CLIENTE un servicio consistente na asignación dunha IP fixa, que terá o custo que se indica na Oferta Comercial de cada momento. As características deste servicio son:


    1. (i) YA.COM cederá ó CLIENTE o uso dun enderezo IP que se lle asignará en cada conexión. O CLIENTE non será o titular do enderezo IP.

      (ii) YA.COM reservará o enderezo IP exclusivamente a ese CLIENTE.

      (iii) Non obstante o anterior, YA.COM poderá modificar o enderezo IP asignado como medida extraordinaria por necesidades técnicas do servicio e sempre mediando un preaviso de 15 (quince) días. Neste caso, o CLIENTE recibirá instruccións precisas para que a modificación da dirección IP non lle cause ningún prexuízo.

     

    4.3. Servicio de Hosting: YA.COM pon a disposición do CLIENTE sen custo adicional, no marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada intre, un determinado espacio en páxinas web persoais, cun consumo máximo de taxa de transferencia (ancho de banda) de UN (1) Megabyte por páxina vista. A prestación do servicio axustarase ás seguintes condicións:


    1. 4.3.1. Descrición do Servicio: Servicio de almacenamento de información do CLIENTE ou que este estea autorizado a divulgar, nun servidor de YA.COM posto á súa disposición durante a vixencia do Contrato. O Servicio configúrase como un Servicio Adicional do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, no marco das ofertas que así o establezan, polo que só poderá ser contratado de forma conxunta co Servicio de Acceso YA.COM ADSL e no marco dos devanditos paquetes ou ofertas comerciais. O Servicio presenta as seguintes características:


    2. • Conectividade:
      1. - Conectividade redundante
      2. - Punto de presencia en Espanix

    3. • As instalacións de YA.COM disporán das seguintes condicións:
      1. - Sistema de refrixeración
      2. - Sistema de detección de incendios
      3. - Sistemas de Alimentación duplicada
      4. - Acceso a local restrinxido: Só á persoa ou persoas autorizadas
      5. - Seguridade con vixilancia permanente 24 * 7
      6. - Estructura de firewalls en redundancia

    4. • Mantemento dos servidores:
      1. O custo do mantemento do servidor correrá a cargo de YA.COM, agás que o CLIENTE actuara de forma neglixente ou incluso aloxara aplicacións que poidan producir algún dano no servidor, en cuxo caso o CLIENTE será responsable dos danos e prexuízos que se ocasionen a YA.COM.

    5. • Nivel de servicio:
      1. - YA.COM comprométese a realizar os seus máximos esforzos para garantir o adecuado almacenamento da Información, de forma que se atope a disposición dos usuarios de Internet de forma ininterrompida durante a vixencia do presente contrato.
      2. - Non obstante, YA.COM non será responsable das interrupcións de dispoñibilidade de dita Información motivadas por causas de forza maior ou fora do control de YA.COM.
      3. - YA.COM poderá interromper de forma temporal o almacenamento da Información nos seus Servidores, ou la dispoñibilidade da mesma por parte dos usuarios de Internet, por motivos de seguridade, ou por reestructuración dos recursos informáticos de YA.COM destinada a mellorar os seus servicios de almacenamento e posta a disposición da Información a través de Internet. En calquera caso, YA.COM realizará os seus máximos esforzos para que tales interrupcións afecten de forma mínima ó CLIENTE. YA.COM non responderá dos prexuízos causados por ditas interrupcións, si estas foran comunicadas ó CLIENTE cunha antelación mínima de 48 horas.
      4. - Cando o servidor é xestionado polo CLIENTE, YA.COM non será responsable da dispoñibilidade do servicio nin doutros servicios asociados.


      4.3.2. Obrigas do CLIENTE: O CLIENTE comprométese, durante o período de vixencia do contrato, ó correcto emprego do servicio e a cumprir coa normativa vixente en cada intre:


      1. • O CLIENTE recoñece a propiedade de YA.COM sobre os métodos, coñecementos, saber facer e procedementos empregados no desenvolvemento e execución das prestacións do presente contrato e será o titular dos dereitos de imaxe, da propiedade intelectual, industrial ou de calquera outra natureza sobre os contidos ou contará coas oportunas licencias ou dereitos de uso, exonerando a YA.COM de calquera reclamación que puidera proceder de terceiros.

        • O CLIENTE designará, á entrada en vigor do contrato, unha persoa de contacto con facultades para tomar decisións no nome do CLIENTE e que actuará como único interlocutor con YA.COM.

        • O CLIENTE comprométese a facilitar a colaboración, os datos, as especificacións e documentos necesarios para o cumprimento das obrigas que poidan xurdir do presente contrato.

        • O CLIENTE accederá por medios telemáticos ó servidor de YA.COM unicamente para aloxar, modificar ou suprimir datos aloxados no mesmo. A estes efectos, YA.COM proverá ó CLIENTE dun usuario e clave que permita un acceso remoto.

        • Prohíbese o uso do servidor contrario á boa fe e en particular, de forma non exhaustiva:


        1. - O emprego que resulte contrario ás leis españolas ou que infrinxa os dereitos de terceiros.

          - A publicación ou a transmisión de calquera contido que a xuízo de YA.COM resulte violento, obsceno, abusivo, ilegal, racial, xenófobo ou difamatorio.

          - Os cracks, números de serie de programas ou calquera outro contido que vulnere dereitos da propiedade intelectual de terceiros.

          - A recollida e/ou emprego de datos persoais de outros usuarios sen o seu consentimento expreso, ou contravindo a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal.

          - O emprego do servidor con fins do chamado spamming (envío de correo masivo non desexado, de tipo comercial ou de calquera outra natureza) así como do mail bombing (envío de grandes mensaxes co fin de bloquear un servidor) e phishing (adquisición de forma fraudulenta e a través de engano, de información persoal como contrasinais ou detalles dunha tarxeta de crédito).


      4.3.3. YA.COM resérvase a facultade de eliminar os contidos albergados nos seus servidores que vulneren o establecido na presente Cláusula ou de adoptar calquera outra medida que considere necesaria para evitar a continuidade na comisión do ilícito ou da infracción que fora detectada sen necesidade de comunicación previa ó CLIENTE.

       

      4.3.4. A información almacenada no servidor de YA.COM pertencerá, a tódolos efectos, ó CLIENTE, quen será o único responsable, segundo o disposto no artigo 16 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servicios da sociedade da información e de comercio electrónico.


Os Servicios Adicionais incluídos, no seu caso, nas distintas Ofertas Comerciais, e cuxa contratación deberá realizarse de forma independente a través da páxina de acceso, poderán ser os seguintes:


  1. 4.4. Servicio de Seguridade Informática “Security Suite”: YA.COM poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada momento, un servicio de Seguridade Informática “Security Suite”. As condicións particulares que regulan a prestación deste servicio atópanse dispoñibles para o CLIENTE na Área de CLIENTEs, entendendo por esta a sección accesible polos CLIENTEs de YA.COM dende a Páxina de Acceso www.YA.COM e identificada como tal, para xestionar as cuestións relacionadas cos servicios que en cada intre teña contratados o CLIENTE.

     

    4.5. Un Dominio e un Servicio de Xestión de Dominios: YA.COM poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada intre un dominio propio (en adiante, "o teu dominio") do tipo .com, .net, .org, .biz, .info, .es, a elixir polo CLIENTE. As Condicións Particulares que regulan a prestación do Servicio de Xestión de Dominios YA.COM atópanse a disposición do CLIENTE na Páxina de Acceso á Tenda de Dominios YA.COM e serán accesibles dende as Ofertas Comerciais que incorporen este Servicio Adicional.

     

    4.6. Servicio de Voz a través de Preselección ou Marcación Directa: YA.COM poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco das Ofertas Comerciais de ADSL ofrecidas en cada intre, un Servicio de Voz na modalidade de acceso indirecto a través de preselección ou marcación directa, que será subministrado por YA.COM. As Condicións Particulares aplicables a este Servicio serán postas a disposición do CLIENTE e deberán ser aceptadas por este no intre da contratación do Servicio expresa e adicionalmente ás presentes Condicións Xerais.

Quinta.- Obrigas das Partes

  1. 5.1 Obrigas de YA.COM


    A partires da data en que se acredita o cumprimento polo CLIENTE dos Requisitos Previos (en adiante, “Data de Activación do Servicio”), YA.COM estará obrigado a:


    1. Prestar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL ó CLIENTE nas condicións expostas neste documento e na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.


    2. Facilitarlle ó CLIENTE a posibilidade de resolver o contrato sen custo algún para o mesmo, se no prazo de 7 (sete) días dende a recepción dos elementos necesarios para a prestación do servicio, o CLIENTE manifestase mediante calquera forma admitida no dereito, a súa vontade de resolver o contrato, debendo o CLIENTE neste caso devolver tódolos elementos recibidos.


    3. Poñer a disposición do CLIENTE os Servicios Adicionais, no seu caso, contratados polo CLIENTE xunto co Servicio de Acceso YA.COM ADSL.


    4. Prestar o servicio de Soporte Técnico en horario de 8.00 a 24.00 horas a través dunha liña telefónica de Atención ó CLIENTE cuxo número entregarase ó CLIENTE xunto coa guía de instalación do Servicio.


    5. Dispoñer dun servicio de Atención ó CLIENTE cuxo número é o 902 902 902, en horario de 8 a 24 horas, onde o CLIENTE poderá solicitar toda a información que requira sobre os servicios dispoñibles, así como o procedemento a seguir para a presentación de calquera reclamación ou queixa derivada da prestación de servicios.


    6. Manter o Servicio de Acceso YA.COM ADSL operativo para o seu emprego no horario contratado polo CLIENTE, agás as interrupcións temporais debidas a operacións de mantemento do mesmo.


      As devanditas interrupcións comunicaranse, na medida do posible, coa antelación suficiente ó CLIENTE mediante a Páxina de Acceso ó Servicio ou vía correo electrónico. A anterior obriga non será esixible a YA.COM no caso de forza maior ou se se produce unha caída da rede de datos que sirve de base para a prestación do mesmo allea á súa vontade e control.


    7. Manter e garantir o segredo nas comunicacións, salvo requirimento da autoridade xudicial ou administrativa competente, en cuxo caso, resérvase o dereito de facilitar a información requirida polas mesmas sen preaviso ó CLIENTE.

  1. 5.2 Obrigas do CLIENTE


    Con efectividade dende a Data de Activación do Servicio, o CLIENTE virá obrigado a:


    1. Manter, no seu caso, o Contrato durante o período de duración inicial obrigado indicado nas condicións da Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.


    2. Abona-las cantidades debidas polo Servicio de Acceso YA.COM ADSL, conforme estas queden definidas na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.


    3. Devolver a YA.COM os Descontos Aplicados no suposto de que resulte aplicable en virtude do disposto na Cláusula Sétima das presentes Condicións Xerais e, na oferta comercial con arranxo á cal o CLIENTE contrate o Servicio de Acceso YA.COM ADSL.


    1. Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL de forma en que poida contravir a lei ou estas Condicións Xerais, en particular prohíbese ó CLIENTE o emprego do Servicio de Acceso YA.COM ADSL para a comisión de ilícitos penais, o envío non solicitado de comunicacións publicitarias ou comerciais (“spam”), a vulneración de lexislación en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas e/ou a infracción de calquera lexislación que resulte aplicable ó emprego polo CLIENTE do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.


    2. Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL para a súa revenda, cesión ou explotación comercial a terceiros por parte do CLIENTE sen consentimento expreso e escrito de YA.COM.


    3. Gardar e custodiar as claves de acceso e o identificador de CLIENTE facilitados. O CLIENTE asume, polo tanto, cantos danos e/ou prexuízos de todo tipo que se deriven do quebrantamento ou revelación de ditos contrasinais. O CLIENTE poderá en calquera intre cambiar o contrasinal.


    4. Custodiar e preservar, no seu caso, a conexión sen arames, facéndose responsable das consecuencias das posibles conexións que terceiros puideran levar a cabo empregando o ancho de banda contratado polo CLIENTE para o acceso a Internet ou accedendo á información contida polo equipamento informático do CLIENTE.


Sexta.- Duración e Terminación

 

A duración do contrato é indefinida. Non obstante, poderá ter unha duración inicial obrigada, que se indicará, no seu caso, na Oferta Comercial subscrita polo CLIENTE (en adiante, o “Período Inicial Obrigado”), a contar a partires da Data de Activación do Servicio. Neste caso, o contrato renovarase automaticamente ó seu remate por períodos anuais, agás notificación expresa en contra pola parte do CLIENTE con ó menos QUINCE (15) días de antelación á data de renovación.

 

Unha vez rematado o Período Inicial Obrigado, no seu caso, o CLIENTE poderá en calquera intre, sen necesidade de proceder á Devolución de Descontos Aplicados indicados na Condición Sétima, pedir a baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM ADSL nas condicións indicadas no parágrafo seguinte:

 

A baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM ADSL por parte do CLIENTE poderá ser notificada polo mesmo cunha antelación de cando menos QUINCE (15) días á data efectiva de baixa empregando calquera dos seguintes procedementos: i) Notificación por escrito a YA.COM, ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid), axuntando copia do seu Documento Nacional de Identidade; ii) A través do teléfono de Atención ó Cliente 902 902 886, facilitando os seus datos persoais (nome, dirección, D.N.I., etc.), así como a súa vontade inequívoca de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle facilitarán; iii) A través do espazo habilitado a tal efecto na páxina Web Área de CLIENTE, enchendo o formulario habilitado ó efecto cos seus datos persoais, así como a súa vontade inequívoca de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle facilitarán.

 

No suposto de baixa durante o Período Inicial Obrigado, no seu caso, será de aplicación a Devolución dos Descontos Aplicados, de acordo co indicado na Condición Sétima.

 

A baixa, no Servicio de Acceso YA.COM ADSL e, no seu caso, dos servicios adicionais farase efectiva pasados quince días dende a solicitude do CLIENTE. YA.COM devolverá as cantidades correspondentes ó servicio ou servicios cobrados dende a data efectiva da baixa ata o último día do período de facturación.

 

Se se producise o incumprimento dalgunha das súas obrigas por parte de YA.COM, o CLIENTE deberá notificar a este dito incumprimento de forma inmediata e fidedigna. Transcorridos QUINCE (15) días dende a notificación sen que medie rectificación por YA.COM do incumprimento, o CLIENTE poderá optar por dar por rematado o contrato, sen necesidade de devolver os Descontos Aplicados ós que se refire a Condición Sétima. Ámbalas dúas Partes acordan que este será o único efecto no caso de resolución contractual por esta causa.

 

YA.COM resérvase o dereito a interromper o Servicio de Acceso YA.COM ADSL ou resolver de maneira inmediata a relación co CLIENTE, se detecta un emprego do mesmo contrario ás presentes Condicións Xerais, á lexislación vixente ou no caso de falta de pago por parte do CLIENTE dalgunha das cantidades debidas.

 

Sétima.- Condicións Económicas

  1. 7.1 O CLIENTE pola prestación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL deberá aboar a YA.COM:


    1. Unha cota de alta inicial no Servicio de Acceso YA.COM ADSL que será aboada polo CLIENTE conxuntamente coa primeira cota fixa mensual, sen perxuizo do que a Oferta Comercial contratada polo CLIENTE poida establecer en relación a descontos no pago da cota de alta inicial.


    2. Unha cota fixa mensual, que será aboada polo CLIENTE por meses anticipados. Esta cota fixa mensual variará en función das características da Oferta Comercial do Servicio de Acceso YA.COM ADSL contratadas polo CLIENTE.

    3. Gastos, no seu caso, por consumos realizados ou volume descargado segundo a modalidade elixida polo CLIENTE..


    4. Adicionalmente, a Oferta Comercial contratada polo CLIENTE poderá incluír a adquisición do Hardware de Conexión, Accesorio de Conexión e/ou calquera outro equipamento informático por parte do CLIENTE. O prezo de ditos dispositivos poderá estar incluído na cota fixa mensual que está obrigado a aboar o CLIENTE ou poderá consistir nunha cantidade única que deberá ser aboada dunha sola vez conxuntamente coa primeira cota fixa mensual, salvo que como parte da Oferta Comercial contratada polo CLIENTE se establezan descontos de dito concepto, condicionado á permanencia do CLIENTE durante un período inicial.


    5. Cota de abono: YA.COM non cobrará importe algún en concepto de cota de abono.


    6. Tódolos pagos realizaranse por defecto mediante domiciliación bancaria. Non obstante lo anterior, O CLIENTE poderá solicitar, mediante chamada telefónica ó servicio de Atención ó CLIENTE dispoñible no número 902 024 084, aboar as súas facturas a través de calquera outro medio de pago dos habilitados.


    7. As cantidades específicas que o CLIENTE deberá abonar a YA.COM en concepto de cota de alta inicial, cota fixa mensual, consumos realizados se se aplicasen e no seu caso, Hardware de Conexión e/ou Accesorio de Conexión e/ou equipamento informático, serán as que se establezan para cada Oferta Comercial nas táboas de tarifas publicada por YA.COM en cada momento a través da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas e serán facturadas por YA.COM ó CLIENTE de forma telemática de conformidade coa lexislación vixente.


    7.2. No caso de falta de pago polo CLIENTE dalgunha das cantidades anteriormente mencionadas, YA.COM resérvase o dereito a suspender temporalmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. Transcorridos QUINCE (15) días dende a suspensión do Servicio de Acceso YA.COM ADSL sen que o CLIENTE satisfixera as cantidades debidas, YA.COM poderá suspender o Servicio definitivamente, dando por rematado o contrato co CLIENTE por causa imputable ó mesmo.


    7.3. Devolución de Descontos Aplicados: no caso de remate do Contrato por causa non imputable a YA.COM, ben sexa polo incumprimento por parte do CLIENTE das súas obrigas con arranxo ó mesmo, ben sexa pola súa solicitude de baixa voluntaria durante o Período Inicial Obrigado, o CLIENTE verase na obriga de devolver a YA.COM, os Descontos Aplicados. A fórmula de calcular a cantidade a devolver, de forma que o CLIENTE devolva unha cantidade menor si permaneceu máis tempo co Contrato en vigor, será aplicando a menor das cantidades que se indican a continuación:


    1. • a equivalente ó importe dos descontos percibidos polo CLIENTE no marco da Oferta Comercial e ligados á súa permanencia como CLIENTE durante o Período Inicial Obrigado, que será de un ano, salvo que se estableza outro na Oferta Comercial. Terán a consideración de descontos a estes efectos, a exención do pago da cota de alta do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, a posta a disposición do equipo de conexión con carácter gratuíto e calquera beneficio adicional que poida incluír a Oferta Comercial contratada;


    2. • ou o importe das cotas restantes ata completar o Período Inicial Obrigado.


    7.4. Non Activación do Servicio: no caso de non activación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL por imposibilidade de entrega do Hardware de Conexión por causa imputable ó CLIENTE, transcorridos TRINTA (30) días naturais dende o primeiro intento de entrega do devandito Hardware por parte de YA.COM no domicilio indicado a estes efectos polo CLIENTE no intre da contratación, o CLIENTE verase obrigado a reembolsar a YA.COM os gastos en que YA.COM incorrera para a xestión da alta no Servicio de Acceso YA.COM ADSL cuxo importe será indicado para cada Oferta Comercial a través da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas.


Ocho. Responsabilidades

  1. 8.1 Comunicacións. YA.COM adoptará e instalará as medidas e os medios técnicos que sexan esixibles pola lexislación vixente, para garantir o segredo das comunicacións e integridade do servicio no seu tránsito a través da rede de YA.COM.


    De acordo co artigo 14 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, YA.COM non será responsable da información transmitida polos usuarios a través da súa rede cando os datos foron subministrados polo destinatario do servicio.

  1. 8.2 Calidade do Servicio. YA.COM comprométese a cumprir cos niveis de calidade de cada un dos servicios contratados polo CLIENTE, conforme ós parámetros e métodos que a lexislación determine.

    YA.COM indemnizará ó CLIENTE por interrupcións temporais do servicio de máis de 24 horas ó longo dun período de facturación, contadas a partir da súa notificación polo CLIENTE e producidas por causas imputables a YA.COM. O CLIENTE percibirá o importe correspondente á parte proporcional do período de interrupción do servicio incrementado nun 10%, sen que esta cantidade poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.


    O CLIENTE deberá solicitar a aplicación da devandita indemnización no prazo de dúas semanas unha vez rematado o período facturado. YA.COM procederá á súa aplicación nos seguintes períodos de facturación.

  1. 8.3 Interrupcións temporais do Servicio.


    1. 8.3.1. Cando, durante un período de facturación, o CLIENTE sufra interrupcións temporais do servicio de acceso a Internet, o operador deberá compensar ó abonado coa devolución do importe da cota mensual correspondente ó Servicio de Acceso YA.COM ADSL, prorrateada polo tempo que durase a interrupción. A estes efectos, YA.COM terá a obriga de indemnizar automaticamente ó CLIENTE, na factura correspondente ó período inmediato ó considerado, cando a interrupción do servicio supoña o dereito a unha compensación por importe superior a 1 euro.


    2. 8.3.2. Non será de aplicación o disposto no apartado anterior cando a interrupción temporal estea motivada por algunha das causas seguintes:


      1. i. Incumprimento grave polo CLIENTE das condicións contractuais.


        ii. Danos producidos na rede debido á conexión polo abonado de equipos terminais que non teñan avaliado a conformidade, de acordo coa normativa vixente.


    3. 8.3.3. A compensación prevista nesta cláusula enténdese sen perxuizo da responsabilidade por danos que se produzan ós usuarios finais, que se esixirá conforme ó previsto no artigo 102.3 do Regulamento sobre as condicións para a prestación de servicios de comunicacións electrónicas, o servicio universal e a protección dos usuarios, aprobado polo Real Decreto 424/2005, de 15 de abril.

  1. 8.4. Datos persoais. YA.COM adoptou tódalas medidas de seguridade legalmente esixidas para a protección dos datos persoais subministrados polo CLIENTE.


  2. 8.5 Utilidade. Os dispositivos de enlace que YA.COM pon a disposición dos CLIENTEs teñen por único obxecto facilitar ós mesmos a busca da información dispoñible en Internet. YA.COM non garante que o servicio sexa adecuado para a realización de ningún servicio más alá do que se contrata nin que permita acceso a tódolos sitios de Internet. YA.COM non ofrece nin comercializa os productos e servicios dispoñibles nos sitios enlazados nin asume responsabilidade algunha por tales productos ou servicios.


  3. 8.6 Emprego e Contidos. YA.COM, que actúa exclusivamente como prestador dun servicio, non controla o uso que do Servicio de Acceso YA.COM ADSL realiza o CLIENTE.

    En tal senso, YA.COM non se fai responsable do uso e/ou dos contidos que, en contravención ás leis ou as presentes Condicións Xerais, o CLIENTE poida facer do mesmo, sendo o CLIENTE o único responsable das consecuencias que o seu emprego ilícito ou contrario a estas condicións puidera ter así como da veracidade e/ou licitude dos contidos despregados nos Servicios Adicionais.


    No caso de que YA.COM descubrira, ben de forma directa ou a través de notificacións ou requirimentos de terceiros, a existencia de contidos que puideran infrinxir a legalidade vixente ou as presentes Condicións Xerais ou o emprego con fins fraudulentos, ilícitos e/ou non autorizados do Servicio de Acceso YA.COM ADSL incluídos os Servicios Adicionais, YA.COM resérvase o dereito de suspender por si mesma total ou parcialmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, incluídos os Servicios Adicionais, sen necesidade de autorización previa do CLIENTE, mediante a eliminación dos contidos infractores ou calquera outra medida que considere necesaria para evitar a continuidade na comisión do ilícito ou da infracción detectada.


    En ningún caso poderá o CLIENTE facer uso dunha taxa de transferencia (consumo de ancho de banda), tanto ascendente como descendente, superior ó autorizado na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE. Neste senso YA.COM non permitirá ó CLIENTE facer uso, tanto da conexión ADSL como de calquera dos seus Servicios Adicionais, para a transmisión e/ou difusión de elementos que, polas súas características tales como tamaño, formato, etc. dificulten o funcionamento dos Servicios Adicionais.


  4. 8.7. Sen prexuízo do anterior, YA.COM resérvase a facultade de poñer en coñecemento das autoridades administrativas ou xudiciais aqueles feitos que puideran ser constitutivos dunha actividade ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente ó CLIENTE.


  5. 8.8 Virus informáticos. YA.COM non controla nin garante a ausencia de virus informáticos nos servicios prestados por terceiros a través da súa rede de portais que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do CLIENTE ou nos documentos e ficheiros electrónicos almacenados no seu sistema informático.

Novena.- Propiedade Intelectual e Industrial

 

O CLIENTE recoñece que tódalas imaxes, deseños, debuxos, contidos, logos, marcas e calquera outro producto susceptible de estar protexido en virtude da lexislación aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas a que tivera acceso pola subscrición do Servicio de Acceso YA.COM ADSL son propiedade de YA.COM ou de terceiros titulares dos mesmos. O CLIENTE comprométese a facer uso do Servicio de Acceso YA.COM ADSL respectando tales dereitos.

 

A contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL polo CLIENTE non implica en ningún caso cesión ó mesmo de dereitos por YA.COM en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas. YA.COM prohibe o emprego do Servicio de calquera forma que de maneira directa ou indirecta supoña a contravención da lexislación aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas, sendo tal actuación así como as súas consecuencias exclusiva responsabilidade do CLIENTE, que manterá, en todo caso, indemne a YA.COM.

 

Décima.- Modificación das Condicións Xerais de Contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL

 

YA.COM poderá modificar as presentes Condicións Xerais ou introducir novas condicións de uso, de conformidade coa lexislación vixente, previa comunicación na Páxina de Acceso ó Servicio de Acceso YA.COM ADSL e a notificación ós usuarios finais afectados cun preaviso de TRINTA (30) días. As devanditas modificacións só serán de aplicación a partires da súa entrada en vigor.

 

O CLIENTE poderá resolver anticipadamente o contrato sen a obriga de aboar cantidade algunha no caso de que non acepte as novas Condicións Xerais ou as modificacións nas mesmas.

 

Undécima.- Modificacións Tecnolóxicas

 

YA.COM terá dereito a introducir cantos cambios nos sistemas e instalacións do CLIENTE e/ou nas súas propias redes veñan esixidos pola lexislación e/ou para manter e/ou mellorar a calidade técnica do servicio (sempre e cando estes cambios non impliquen modificacións nos aspectos esenciais do Servicio contratado), debendo nestes casos realizar unha comunicación previa ó CLIENTE.

 

Duodécima.- Protección de Datos de Carácter Persoal

 

Como consecuencia da contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, o CLIENTE é consciente e acepta que os datos persoais por el facilitados a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro de datos de carácter persoal responsabilidade de YA.COM, cuxa finalidade será a administración do servicio contratado e a xestión das incidencias relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así mesmo ó CLIENTE, que por necesidades técnicas da prestación do servicio, ó acceder ó servidor de YA.COM, asignaráselle un número IP (na modalidade contratada polo CLIENTE) que rexistrará os accesos realizados a dito servidor. Este número IP será igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta poida cumprir coas finalidades descritas así como, no seu caso, cos requirimentos das autoridades que, no exercicio das funcións que teñen atribuídas, soliciten información relativa ó CLIENTE.

 

A entrega de tódolos datos requiridos para a contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL é obrigada, posto que a recollida de todos eles faise necesario para cumprir coas finalidades indicadas no parágrafo anterior. Desta forma, YA.COM poderá denegar a contratación do Servicio ó interesado que non facilite tales datos.

 

Así mesmo, o CLIENTE outorga o seu consentimento para que os datos por el facilitados a YA.COM no marco do Servicio contratado, sexan igualmente empregados por esta para as seguintes finalidades:


  1. -Xestión do Programa de Fidelización (que poderá incluír, entrega de regalos, xestión de promocións especiais para CLIENTEs, información sobre novidades de YA.COM, etc., que poderán ser remitidas por correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS).


  2. - Envío por YA.COM de comunicacións comerciais de productos e/ou servicios de YA.COM (servicios de telecomunicacións, servicios da sociedade da información e comercio electrónico sobre productos relacionados coa fotografía), xa sexa por correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS.

O CLIENTE poderá revocar o seu consentimento para o emprego dos seus datos con calquera das finalidades mencionadas nos dous parágrafos anteriores, así como exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición, dirixindo unha carta asinada polo mesmo ó domicilio de YA.COM, a Paseo del Club deportivo, 1 Edificio 8 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid), ó Departamento de Asesoría Xurídica coa referencia “Protección de Datos”, achegando copia lexible do seu DNI e indicando o enderezo ó que YA.COM poida remitirlle a confirmación de ter cumprido coa súa solicitude, ou no seu caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.

 

Décimo terceira.- Notificacións

 

Tódalas notificacións, incluídos os escritos de comunicación de baixa do CLIENTE no Servicio de Acceso YA.COM ADSL, deberán ser enviados a YA.COM ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid).

 

Decimocuarta.- Reclamacións

 

YA.COM dispón dun Centro de Atención ó CLIENTE, que ten por obxecto atender e resolver as queixas e reclamacións e calquera incidencia contractual que formule o CLIENTE e ó que este poderá dirixirse.

 

Este servicio de Atención ó CLIENTE, de carácter gratuíto, aportará ó CLIENTE por calquera reclamación, queixa ou petición efectuada, un número de referencia da incidencia formulada por este.

 

Así mesmo, infórmase ó CLIENTE do seu dereito a solicitar ó Centro de Atención ó CLIENTE un documento que acredite a presentación e contido da queixa ou reclamación mediante calquera soporte que permita facelo.

 

As reclamacións poderán interporse a través do número de teléfono 902 902 902 (ou o número que no seu caso o substitúa), por correo postal ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid) ou por correo electrónico á dirección: acceso@ya.com.

 

O CLIENTE deberá formular as súas queixas ou reclamacións no prazo dun mes dende o momento en que se teña coñecemento do feito que as motive. Formulada a reclamación, se o CLIENTE non obtivera resposta satisfactoria de YA.COM no prazo de un mes, poderá acudir ás vías indicadas nos apartados seguintes.

 

O CLIENTE poderá dirixir a súa reclamación ás Xuntas Arbitrais de Consumo, nos termos establecidos na súa normativa reguladora.

 

Para o suposto de que o CLIENTE ou YA.COM non se sometan ás Xuntas Arbitrais, este poderá dirixirse, no prazo de tres meses dende a resposta do operador ou o remate do prazo para responder, á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.

 

Así mesmo o CLIENTE poderá dirixirse ós tribunais competentes da xurisdicción ordinaria que correspondan.

 

Decimoquinta.- Linguas do contrato

 

As presentes Condicións Xerais están dispoñibles en español, catalán, euskera, galego e inglés.

 

En caso de discrepancia, prevalecerá sempre a versión en español.